top of page

O Concello celebrará o día de Rosalía de Castro difundindo a súa obra nos Colexios e nas redes socia

  • CULTURA | asnovasdeteo.com
  • 22 feb 2015
  • 1 Min. de lectura

Esta iniciativa aprobouse no pleno de xaneiro por medio dunha moción do BNG que foi apoiada por tódalas formacións políticas

Imaxe de Ana Costas para o #DíadeRosalía

Como ven sendo tradición en anos anteriores, o martes 24 de febreiro estará dedicado á figura de Rosalía de Castro. Durante todo o día lembrarase á escritora coa difusión dos seus poemas nas redes sociais e nos colexios teenses.


Nos perfís de Facebook e de Twitter do Concello penduraranse poemas acompañados de ilustracións de Ana Costas, ademais de vídeos con lecturas da obra de Rosalía de Castro, sempre baixo a etiqueta #DíadeRosalía.


Por outro lado, dende a Concellaría de Cultura convidouse aos centros escolares a traballar sobre a obra da escritora e facer algunha lectura da mesma e, dende o Concello, enviouselles unha lámina cunha imaxen de Rosalía, obra da artista plástica Ana Costas.


Ademais, tamen versarán sobre a obra da escritora galega outros colectivos, como as escolas infantís do C.R.A de Teo e os grupos de memoria no que participan persoas maiores.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page