top of page

A Charanga TNT celebra o seu Entroido Solidario

  • CULTURA | BENÉFICO | asnovasdeteo.com
  • 24 feb 2015
  • 2 Min. de lectura

A charanga teense realizará este sábado 28 de febreiro un Entroido solidario en beneficio do Banco de Alimentos

Entroido Solidario da Charanga TNT

Mediante a difusión deste evento nas redes sociais e o "boca a boca", a charanga está a promocionar este Entroido Solidario que de seguro atraerá unha grande parte da mocidade teense e da comarca até a casa común de Rivas, en Oza, onde o grupo musical organiza este sábado unha festa benéfica cuxos beneficios irán destinados ao Banco de Alimentos local.


A entrada a este Entroido poderá ser de dous xeitos, ben deixando unha doazón de 1 euro ou ben un quilogramo de alimentos non perecedoiros, que serán entregados na súa totalidade ao Banco de Alimentos do Concello.


Outro dos reclamos para que a xuventude participe nesta celebración será o concurso que premiará os mellores disfraces nas categorías de grupo, parella e indiviual.


Está previsto que a feste comece ás 23:00 horas e estará amenizada polas actuacións da Charanga TNT e os DJ de Discomofly.


A motivación de organizar un evento solidario


Dende a formación musical salientan que, aínda que entre algúns dos seus obxetivos como banda sempre estivo o de "crecer en calidade e prestixio", non foi até este momento no que xurdiu unha idea coma esta, na que "a finalidade común dos asistentes e dos colaboradores sexa axudar ás familias do noso concello coa aportaciòn de alimentos ao Banco de Alimentos de Teo". Ademais, dende a Charanga TNT están seguros de que este evento terá "unha gran aceptación por parte de todo o mundo en xeral", polo feito de que os factores de unión entre a festa e a axuda á sociedade "serán moi ben acollidos por mozos e non tan mozos".



 
 
 

Comentários


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page