top of page

Máis diversión noutra xornada de Sófbol Indoor nos Tilos

  • DEPORTES | SÓFBOL | asnovasdeteo.com | Jorge
  • 24 feb 2015
  • 1 Min. de lectura

As categorías alevín e cadete do Club de Sófbol e Béisbol Os Tilos desputaron ao longo do domingo 22 varios partidos contra o Cambre

Xogadores da categoría cadete de Os Tilos e Cambre

Durante a xornada do pasado domingo 22, o pavillón municipal dos Tilos acolleu dende as dez horas da mañán os partidos de sófbol pertencentes á Liga de Sófbol Indoor Xogade provincia de A Coruña, que enfrontaron aos xogadores alevíns e cadetes do Club Os Tilos e o Cambre.


Categoría Alevín:

Os Tilos 12 - 14 Cambre

Cambre 21 - 13 Os Tilos


Categoría Cadete:

Os Tilos 1 - 14 Cambre

Cambre 9 - 10 Os Tilos


Xogadores da categoría alevín de Os Tilos e Cambre

Dende o Club Os Tilos salientaron a "solidez mostrada polos equipos de Cambre" debido á súa ampla traxectoria nesta modalidade deportiva, "o que lles leva a alcanzar moi bos resultados". Aínda así, Jorge Carballido, presidente do Club Os Tilos, quixo recalcar a emoción que se viviu no segundo encontro da categoría cadete, na que o equipo anfitrión conseguiu remontar malia ir perdendo cun 9 - 3 no marcador. O ánimo do público e dos rapaces, fixeron que os cadetes do Club Os Tilos conseguisen remontar até convertir o marcador nun 9 - 10 ao seu favor, instante que, segundo Carballido, "se transformou nun momento de alegría colectiva".


Ademais, o Club teense mostrouse satisfeito da "cantidade considerable de persoas que poideron disfrutar do partido e da cantidade de doces de Entroido, feitos polas nais e os pais dos xogadores dos Tilos, cos que agasallaron a todos os xogadores e o público".



 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page