O "Maki Mix" do Canaletto gaña os dous premios do xurado no Tapteo 2015
- CULTURA | Entroido | asnovasdeteo.com | Concello
- 24 feb 2015
- 1 Min. de lectura
Pola súa parte, a "Delicia de Fol" da Capilla gañou o primeiro premio do público, e o "Xurelo en Disfrace" da Videira, o segundo. O premio ao establecemento de maior calidade foi para Casa Pernas

O Maki Mix do Canaletto é un petisco con aparencia de sushi, pero feito de grelo, pataca, fabas, puré de garabanzo, chourizo, xugo de carne, cacheira e lacón. Esta composición e a súa orixinalidade, valéronlle á tapa do restaurante de Cacheiras para facerse cos premios á mellor tapa e mellor tapa "enmascarada".

A Delicia de fol da Capilla conseguiu o primeiro premio do público. Composta de pan artesán, cun adobo a base de tomate, allo e aceite, máis queixo mezcla semicurado, magro de tenreira, pemento do piquillo caramelizado, redución de vinagre de viño P. Ximénez, lacón cocido, touciño, espárrago trigueiro, aceite balsámico de módena, pementón e aceite de oliva virxe, esta tapa foi quen de facerse co premio que votaban os cidadáns.
En canto ao sorteo dos premios dos clientes que degustaron estas tapas e selaron os seus pasaportes, Manuel Francisco Salgado gañou o abono anual para a piscina climatizada da Ramallosa, e Xiana Lastra foi a premiada coa fin de semana nunha casa de turismo rural teense. Antonio Noya gañou a televisión de 22 polgadas, Elena San Román a cea nun dos establecementos que participaron neste Tapteo, e María José Ferreiro a cesta con produtos do mercado labrego de alimentos.
Comments