top of page

Rafael Sisto determinará no próximo pleno a súa responsabilidade na anulación parcial do PXOM de Teo

  • POLÍTICA | asnovasdeteo.com | PSdeG - PSOE de Teo
  • 25 feb 2015
  • 2 Min. de lectura

No pasado pleno de xaneiro a concelleira socialista, Uxía Lemus, sinalou cales eran os puntos que debían ser tratados polo Concelleiro de Urbanismo

PXOM de Teo

Tras as peticións do grupo socialista de Teo, o Concelleiro de Urbanismo dende o ano 2007, Rafael Sisto, comparecerá no próximo pleno, que se celebrará mañán, para explicar cal é o seu grado de responsabilidade na redacción e na tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Teo.


O Plan foi aprobado no ano 2010 cos votos do PP, IN-Teo e o BNG, liderado entón por Sisto e Martiño Noriega. A súa anulación parcial é un procedemento da administración urbanística, considerándoo “manifestamente ilegal” segundo unha sentenza do Tribunal Supremo ditada en decembro de 2014.


A candidata do PSOE para as eleccións municipais, Uxía Lemus, solicita tamén ao concelleiro que explique “a contradición entre a felicitación pública aos veciños demandantes pola sentenza e o feito de que o Concello estivera a pagar avogados para que, tanto ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia como ante o Tribunal Supremo, defenderan o contrario do solicitado por eses mesmos veciños”.


Dende a formación socialista tamén instan a Sisto a aclarar a súa posición na situación do polígono de Montouto e o viario entre Cacheiras e Calo, anulado polo Supremo, concretando “en que momento deixou de defendelo, cando hai documentos que acreditan que era a súa prioridade urbanística" e tamén preguntarán por "cal será o futuro dese solo, agora sen regulación normativa”.


Uxía Lemus sinala que “esta comparecencia de Sisto responde á sentenza demoledora do Tribunal Supremo, que indica as irregularidades na tramitación dun PXOM que foi aprobado co seu voto no ano 2010", e indica que "o concelleiro se remitiu á herdanza de Armando Blanco, como se el non fose concelleiro de Urbanismo desde o ano 2007”.



 
 
 

Comentarios


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page