top of page

César Goldi: "Dame moita pena que desapareceran de Santiago moitos locais especializados en tea

  • ENTREVISTA | CULTURA | asnovasdeteo.com
  • 26 feb 2015
  • 3 Min. de lectura

César Goldi

Falamos con César Martínez Pérez, coñecido como César Goldi, é un dos intengrantes da compañía Chévere, que foi galardoada co Premio Nacional de Teatro 2014.


Nado en lugo no 1965 e agora residente en Os Tilos, Goldi conseguiu o seu primeiro papel profesional na obra de teatro "A Lagarada", baseada na obra homónima de Otero Pedrayo. Dende entón, participou en diferentes proxectos, como os televisivos "Mareas Vivas" (1998-2002, TVG), "Cuarto sen ascensor" (2005-TVG), "Luna, el misterio de Calenda" (2012-2013, Antena3), e "O Faro" (2014-Actualidade, TVG).


Tamén actuou no cine, en filmes como "A casa da luz", ou "La noche que dejó de llover", e no teatro, en obras como "Bye bye honey" e "Life is a paripé". Ademais de traballar con Chévere nas súas "Ultranoites".



Pregunta: Cando comezaches no mundo da interpretación?

César Goldi: Eu vivín en Cataluña na miña infancia e con 10 anos participei en “Els Pastorets”, unha función tradicional que se fai no Nadal. Foi a miña primeira experiencia “seria”.

P: Cursaches algúns estudos desta materia?

C.G: Si, pero non seguidos nin nunha escola en particular. Fixen cursos de clown, Commedia dell’ Arte, talleres con directores de cine… A única vez que estudei seguido foi na Aula de Teatro da Universidade de Santiago, nun máster durante un ano.


Goldi

P: Como se atopaba a industria da cultura cando conseguiches o teu primeiro papel?

C.G: Tiña a sensación de que había moito traballo en teatro. Eu considerábame un privilexiado porque cheguei a traballar para tres compañías á vez.


P: Había moita oferta de traballo daquela?

C.G: Daquela non me faltaba traballo. Ao mellor eramos poucos entón. O “boom” audiovisual estábase xestando. Despois deste boom, de repente, a poboación de actores-actrices comezou a medrar como as poboacións bacterianas, a todo filispín.


P: Como cres que serían os teus comezos se fosen no panorama actual?

C.G: Pasopalabra.


P: Últimamente hai actores que recorren ao autoemprego, producindo as súas propias obras ou desenvolvendo proxectos pola súa conta. Tiveches que recorrer a este tipo de iniciativas?

C.G: Eu sempre compaxinei traballar para outra xente con proxectos autofinanciados con outros e estes proxectos, tiñan sentido por si mesmos, sen estar asociados a situacións de necesidade.


Goldi

P: Coñeces algún compañeiro de profesión que estea nesta situación?

C.G: Agora e antes. O que pasa é que agora hai moita máis xente que tivo moi bos traballos e de repente quedou sen eles. A ofensiva dos Gobernos español e autonómico recortando de golpe as subvencións e subindo os impostos non axudan. Hai proxectos de moi bos profesionais que non precisan moitas axudas, pero hai outros que sí. Hai espectáculos que, na súa concepción artística, precisan deseños de iluminación, etc. que forman parte da linguaxe dese espectáculo, e xa só os focos custan moitos cartos. Non son luxos, son cousas necesarias para que o espectador teña experiencias inesquecíbeis.


P: É máis complicado agora conseguir un papel? Cres que se valora máis a formación á hora de escoller a un actor, ou a súa repercusión mediática?

C.G: Sí, porque hai menos oferta de traballo. Escoller a un actor está influenciado por varios factores: ter un físico adecuado compatible cos outros actores, voz, etc. O máis habitual é coincidir con actores e actrices de moi distinta procedencia o formación.

P: Pensaches nalgún intre en lanzarte ao mercado internacional, buscando papeis no extranxeiro?

C.G: Mandei unha proba en inglés para un casting, pero a miña representante díxome que tiña que dominar o idioma… e nesas estou: estudando “step by step”.



P: Por último, no ámbito personal, adoitas consumir decote produtos culturais?

C.G: Sí. De todo tipo. Dame moita pena que desapareceran de Santiago moitos locais especializados en teatro alternativo como a Sala Nasa, ou en danza a Sala Galán. Eran locais con moito público e con medios moi ben usados e xestionados, pero que necesitaban axudas para mostrar productos dignos. Agora eses cartos van para tapar os buracos da maldita especulación que nada produciu. En canto ao cine, penso que se deberían mesturar tódolos xéneros nas salas comerciais. Non me gusta esta segregación de cine “palomitero” e cine “festivaleiro”. Hai cousas boas e malas en tódolos xéneros.


P: Desexámosche moita sorte na túa carreira e agradecémosche o teu tempo por antendernos.

C.G: A vós.



 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page