top of page

Axenda Cultural de Teo | 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo

  • CULTURA | asnovasdeteo.com
  • 27 feb 2015
  • 2 Min. de lectura

Axenda cultural.png

Volve a "Ultranoite no país dos ananos" ao CSC A Ramallosa

A “Ultranoite do Páis dos Ananos” volve a Teo e faino con dúas funcións no Centro Cultural da Ramallosa nas que ceibarán unhas risas cómplices cos seus sketches, chascarrillos, músicas e cancións. Terán lugar hoxe, 27 de febreiro, e mañán, sábado 28, a partir das 22:00 horas. As entradas teñen un custo de 10 euros e pódense adquirir na billeteira do auditorio.


Punto e final do Entroido en Bamonde e Festa solidaria da TNT


O sábado 28 estará marcado pola solidaridade, a música e o final do Entroido. O Entroido despídese este ano na parroquia de Bamonde, onde que participarán un coro de nenos e outro de adultos, que serán acompañados por catro persoas a cabalo, das que dúas serán correos e as outras dúas, Xenerais. O percorrido da comitiva comezará ás 13:00 horas no campo da festa e pasarán polo Coto, A Veiga, Tribaldes e Lamas até chegar de novo ao campo da festa, onde se celebrarán os atranques sobre as 20:00 horas. Dende a comisión convidan aos asistentes a degustar as filloas da cantina. Por outro lado, a Charanga TNT, xunto a os DJ de Discomofly, realizarán o “Entroido Solidario”, onde ademais das actuacións se celebrará un concurso no que se premiarán os mellores disfraces nas categorías de grupo, parella e individual. A festa benéfica terá comezo ás 23:00 horas na casa común de Rivas, en Oza. Para acceder ao recinto deberá doarse ou ben un euro, ou un quilogramo de alimentos non perecedoiros, que serán entregados na súa totalidade ao Banco de Alimentos teense.


Presentación do libro-documental "Os poetas do Entroido"


A asociación cultural A Regionalista, coa colaboración do Concello de Teo, presentará o libro-documental “Os poetas do Entroido”. Este libro – DVD versa sobre os poetas que compoñen as cancións, atranques e sermóns do Entroido, para que a festa dos Xenerais da Ulla sexa posíbel no Concello de Teo. A presentación será a partir das 17:00 horas no Auditorio da Ramallosa.


 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page