O IES Cacheiras recolle unha mostra sobre obras literarias levadas á pantalla grande
- CULTURA | Educación | asnovasdeteo.com | Concello
- 27 feb 2015
- 1 Min. de lectura
A mostra, ubicada na biblioteca do centro e cordinada pola mestra Sabela Álvarez, poderá visitarte durante todo o trimestre

O I.E.S de Cacheiras organiza na súa biblioteca a exposición titulada “Da literatura ao cinema. Intertextualidade”. Coordinada pola profesora de galego Sabela Álvarez, responsábel este curso da sala de lectura e de estudo, a mostra presenta obras da literatura castelá, que van dende o século XVI até o XX, e da literatura galega, vasca e catalá, con exemplos do século XX, que foron trasladadas ao séptimo arte.
As dez mesas da biblioteca recollen xa as portadas dos libros, os seus carteis e as fichas técnicas de cada unha das longametraxes expostas. Por falta de espazo, algúns dos carteis colocáronse no pasillo de entrada do centro e, nalgúns casos, preparáronse libros e filmes para animar ao alumnado, xa que, segundo explica Sabela, “amosar a relación entre libros e películas pode axudar a aprender a ver cine e tamén a entrar no mundo da lectura”.
Neste proxecto, Sabela contou coa colaboración da profesora e responsábel do Club de lectura do I.E.S, Ánxela Mariño, e con varios alumnos do centro.
A mostra inaugúrase nos próximos días coa proxección de “Engurras” e “Los santos inocentes”. A exposición poderá visitarse durante todo o trimestre na biblioteca do I.E.S de Cacheiras.
コメント