top of page

O BNG de Teo e da Estrada presentan unha moción para declarar Ben de Interese Cultural a ponte de Po

  • POLÍTICA | RSR | BNG de Teo
  • 28 feb 2015
  • 1 Min. de lectura

Manuel Anxo Fernández Baz e Carmen Diéguez González, concelleiros do Bloque no Concello, presentarán esta proposta no próximo Pleno

Membros do BNG de Teo e A Estrada na ponte de Pontevea

Dende o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego, levarán ao próximo pleno unha moción e proposición non de lei coa que debatirán co resto de corporacións a declaración da ponte de Pontevea como Ben de Interese Cultural (BIC), debido á importancia que ten esta ponte no Concello.


Elemento de paso entre as provincias de A Coruña e Pontevedra, a ponte situada na parroquia de Reis divide tamén os Concellos de Teo e A Estrada, nos que existe, segundo o BNG, “unha forte identificación popular coa ponte de Pontevea” figurando incluso nos escudos de ambos Concellos.


Dende o BNG manifestan “a necesidade de protexer e conservar de xeito especial a ponte, como parte integrante do patrimonio histórico dos Concellos de Teo e da Estrada”, xa que “representa parte da nosa riqueza material e patrimonial e reforza a nosa autoestima cultural, polo que a súa protección e conservación é tarefa de todos nós”.

 
 
 

Comentários


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page