top of page

O Concello convoca unha conversa sobre os ataques dos lobos

  • MLC | Concello de Teo
  • 28 feb 2015
  • 2 Min. de lectura

Esta charla emprazarase o venres 27 de marzo ás 20:00 horas na escola de Francos, en Calo

O Concello convoca unha conversa sobre os ataques dos lobos

O Concello de Teo organizará unha conversa sobre a problemática do lobo á que poderá asistir calquera persoa que teña interese no tema. Serán varios biólogos e persoal de Adega os que informarán sobre temas como a poboación do lobo, os seus costumes, e ademais falarán tamén das dificultades coas que se atopan os gandeiros cando as indemnizacións polos ataques dos lobos non son rápidas nin suficientes por parte da Xunta.


Nos últimos meses, segundo o Concello, “estanse a manter contactos coa Consellaría de Medio Ambiente debido á preocupación xenerada entre a veciñanza” por estes ataques de lobos a animas coma ovellas ou cans. Ademais, informan dende o cabido que “se está a traballar para que nas próximas semanas se realice un programa de formación con persoal municipal e técnico de medio ambiente, no que participarán traballadores da polícia local, protección civil, medio ambiente e persoas de atención ao público”, para poder ofrecer unha resposta máis efectiva nestes ataques, segundo os estándares da Xunta.


Como actuar ante o ataque dun lobo


Segundo os criterios da Xunta, os propietarios deben comunicar estes ataques nas 24 horas seguintes ao suceso. Para poñelo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente hai que chamar ao teléfono da Xunta 012, a través do que se facilitará un código que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.


Os animais mortos non poderán ser manipulados co fin de non obstaculizar a investigación dos axentes que se despracen a elaborar a correspondente acta. En canto os animais feridos, poderán ser atendidos polos veterinarios sempre que sexa coa menor manipulación posíbel.



 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page