top of page

Comeza o período para solicitar praza nos centros de educación infantil municipais

  • EDUCACIÓN | MLC | Concellaría de Benestar Social
  • 1 mar 2015
  • 2 Min. de lectura

As reservas de praza poderán solicitarse entre o 2 e o 16 de marzo, mentres que as solicitudes de novo ingreso deberán efectuarse entre o 16 e o 31 de marzo

Imaxe: CEIP A Ramallosa

A Concellaría de Benestar Social informa de que mañá comeza o período de solicitude de praza nos tres centros de educación e infantil e primaria do Concello, como son o CEIP A Ramallosa, o CEIP de Calo, e o CEIP Os Tilos.


Entre os días 2 e 16 de marzo deberá efectuar a reserva de praza o alumnado que xa está a cursar estudos nalgún destes centros educativos. Para isto, informan dende a Concellería, deberá presentarse unha solicitude que se pode recoller nas escolas ou nas oficinas do Concello, ou descargar na web do Concello. Inciden, ademais, na importancia de respectar os prazos de preinscripción e matrícula, xa que se trata dun servizo cunha alta demanda. Igualmente pregan cubrir correctamente o apartado referente ao enderezo, debido a que é imprescindíbel para a comunicación das escolas coas familias.


En canto ás persoas que desexen solicitar praza por primeira vez, deberán facelo entre os días 16 e 31 de marzo. Ademais, a Concellaría sinala que se levará a cabo unha reunión informativa o mércores 11 de marzo, ás 19:30 horas, no salón de plenos do Concello, co fin de resolver as dúbidas dos pais neste procedemento.


Dende o Concello informan que, unha vez rematado o proceso, se publicará unha listaxe en abril informando dos nenos e nenas que sexan admitidos, e posteriormente comezará un período de dez días para realizar as reclamacións oportunas, co que a listaxe definitiva será publicada en maio. Finalmente, os cativos admitidos, deberán formalizar a matrícula para confirmar a súa praza nas escolas entre os días 1 e 15 de xuño.


As persoas que precisen máis información sobre esta convocatoria poden achegarse aos Servizos Sociais Comunitarios de Teo en horario de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres ou chamar ao número 610 872 136.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page