top of page

As labregas, protagonistas do Día da Muller en Teo

  • HOMENAXES | Consellaría de Igualdade e Benestar |
  • 2 mar 2015
  • 1 Min. de lectura

Os actos terán lugar o xoves 5 de marzo no Concello

Día das mulleres

Dende a Concellaría de Igualdade, dirixida por Ignacio Iglesias, organízanse os actos do Día da Muller, que se conmemora o día 8 de marzo. Este ano farase reivindicando o traballo da muller labrega. A celebración comezará coa lectura dun manifesto institucional e seguirá cunha mesa redonda na que as mulleres que teñen no campo o seu lugar de traballo contarán os seus testemuños e vivencias persoais.


Os actos en honra desde día, adiántanse ao xoves 5 de marzo. A partires das 19:30 horas, no Concello, porase “en valor o traballo feminino, que dende sempre serviu de sustento en moitos fogares e que resulta un elemento claramente emancipador para a muller”.


Ademais, o Concello organiza tamén, con motivo do Día da Muller, unha excursión Á Ribeira Sacra e Castro Caldelas, programada para o domingo 15 de marzo e á que xa poden apuntarse as mulleres teenses llamando ao 981 809 707, número do Centro de Información á Muller (CIM).

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page