top of page

Rafael Sisto será o candidato á alcaldía por ANOVA

  • POLÍTICA | Municipais 2015 | MLC
  • 2 mar 2015
  • 2 Min. de lectura

Sisto substitúe deste xeito a Martiño Noriega, que deixa o goberno de Teo despois de oito anos

Rafael Sisto, á dereita da imaxe

Cunha listaxe aínda por definir, Rafael Sisto (á dereita da imaxe) encabezará a candidatura de ANOVA nas vindeiras eleccións de maio, seguido por Salomé Beiroa e Ignacio Iglesias, actual Concelleiro de Benestar Social e Igualdade. Ademais, entre outros postos de saída estarán Xurxo Francos, actual Concelleiro de Servizos Básicos e Mocidade, e María Garea, actual Concelleira de Educación. Entre as baixas máis notábeis, estará Anxo Rey, actual Concelleiro de Desenvolvemento Local, quen non repetirá na listaxe.


O aínda número dous de ANOVA Teo afronta estes comicios con "esperanza", xa que está "orgulloso do traballo desta forza de goberno" e da "honestidade" do seu equipo político, algo do que, segundo Sisto, "a cidadanía xa é consciente".


Entre os retos que afrontará o equipo de Rafael Sisto, estarán o "avanzar na participación veciñal" e o "desenvolvemento do polígono industrial de A Ramallosa".


Rafael Sisto pecha as candidaturas á alcaldía de Teo


Rafael C. Sisto Edreira é natural de Luou (Teo), naceu no 1963 e está licenciado en Ciencias Químicas e doutorado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesor de Ensino Secundario, Rafael Sisto complementa o seu traballo coa investigación no campo da Historia da Ciencia en Galicia e co deseño de exposicións de divulgación científica.

Ademais, forma parte do grupo 'Ramón María Aller' do Seminario de Estudos Galegos. Iniciou a súa actividade política como membro do claustro constituínte da Universidade de Santiago, traballando politicamente no BNG ata o ano 2012, momento no que abandona a formación. Continúa formando parte do grupo de goberno dende 2007 e actualmente milita en Anova.



 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page