O Concello de Teo cuestiona o reparto de subvencións da Deputación da Coruña
- POLÍTICA | RSR | Concello de Teo
- 4 mar 2015
- 1 Min. de lectura
O Concello analizou as partidas adicadas pola Deputación ás Concellarías de Cultura e Deportes
Desta análise, o Concello desprende que a política de subvencións e o reparto de fondos a través de convenios por parte da Deputación da Coruña “non responde a criterios obxectivos, de igualdade nin de concorrencia competitiva”.
Dende o Concello destacan que, fai unhas semanas recibían a comunicación das cantidades outorgadas a Teo para investimentos culturais e deportivos, das que se desprende “un reparto inxusto e arbitrario dos fondos públicos”, segundo Rafael Sisto, voceiro do grupo de goberno.

En total, dótase de 7.010 euros, para obras e actividades, ao departamento de Deportes (ver gráfico arriba), mentras que, segundo un informe elaborado polo consistorio, Concellos máis pequenos, como Boqueixón, (4.411 habitantes segundo os últimos datos do INE) reciben unha maior cantidade de diñeiro.
Por outro lado, na área de Cultura, a análise do informe conclúe en que “existe un reparto das subvencións arbitrario, partidista e por posición de poder dentro da propia institución provincial”, onde “o único baremo que se empregou para facer o reparto foi a adscrición política”.

Comments