top of page

Apróbase o primeiro itinerario en materia de violencia de xénero

  • POLÍTICA | RSR | Concello de Teo
  • 5 mar 2015
  • 2 Min. de lectura

A aprobación tivo lugar na Xunta Local de Seguridade, que non se reunía dende o 2013, na que tamén se analizaron os datos sobre a seguridade ciudadá

Subdelegado do Goberno da Coruña e Martiño Noriega

O Concello de Teo celebrou hoxe pola mañá a Xunta Local de Seguridade, que dende o 2013 non se reunía. Na reunión, na que estiveron presentes o alcalde de Teo, Martiño Noriega, e o subdelegado do Goberno na Coruña, ademais do edil de Benestar Social, Ignacio Iglesias, aprobouse o primeiro itinerario de actuación contra a violencia de xénero, ademais de avaliar temas relacionados coa seguridade ciudadá.

Dende a subdelegación da Coruña, xunto a Garda Civil, Policía Local e persoal da Concellería de Igualdade e Benestar Municipal, traballaron nun protocolo de actuación contra a violencia de xénero. Unha guía que, segundo o edil de Benestar, Ignacio Iglesias, “trata de ser unha guía exacta para atender do mellor xeito ás víctimas de violencia de xénero así como avanzar na detección do problema”.


Este protocolo, segundo o Concello, “suporá uns beneficios para as mulleres que sofren violencia de xénero e tamén para o conxunto da cidadanía, xa que debe reforzar a percepción deste tipo de violencia como un grave problema social”.


Por outro lado, respecto a seguridade ciudadá, analizáronse datos como o número de roubos producidos no municipio nas últimas semanas, unha cifra “similar á de anos anteriores” segundo a Subdelegación do Goberno.


En último lugar, acordouse seguir mellorando o nivel de coordinación entre Polícia Local e Garda Civil, xa que segundo o alcalde, Martiño Noriega, Teo non conta co “número óptimo de axente locais”, polo que reiterou “a necesidade de reforzar os efectivos” de ambas forzas de seguridade no Concello.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page