top of page

O PSOE teense invita á cidadanía a construír Teo

  • POLÍTICA | MLC | PSdeG-PSOE de Teo
  • 5 mar 2015
  • 1 Min. de lectura

A xuntanza emprazarase este venres na Mediateca do Grilo, en Cacheiras, ás 20:30 horas

A Cidadanía constrúe Teo

Dende a formación de Uxía Lemus, organizan esta reunión co fin de que os veciños e as veciñas de Teo expoñan as súas inquedanzas e formulen propostas en relación co presente e o futuro do municipio, o que para os socialistas é "un paso máis da acción política do PSOE de Teo destes 4 anos, traballo que é a base do programa para as eleccións municipais de maio de 2015".


Ademais, segundo Lemus, o equipo socialista está a desenvolver un proxecto que está baseado en dous eixes, como son por un lado "as necesidades individualizadas das parroquias" e por outro "unha estratexia de concello, a medio e longo prazo".


Aseguran dende o PSOE teense que durante estes anos "non houbo nin un estudo nin planificación das actuacións por parroquia nin un proxecto de futuro", e critican os gobernos de Armando Blanco e de Martiño Noriega por facer só "unha política de reacción".


O equipo socialista de Teo defende que se instaure dende a administración local "un modelo propio de crecemento socieconómico que debe ser froito do consenso cidadá", co fin de dar resposta "ás necesidades dos teenses" e rematar así con situacións como o desemprego no sector servizos, xa que dos 1.539 parados do municipio, o 64% pertencen a este ámbito.

 
 
 

Commentaires


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page