top of page

O CSC A Ramallosa acolle o musical "aXente Corrente, Galo Mirindolo"

  • CULTURA | MLC | Concellaría de Educación
  • 6 mar 2015
  • 1 Min. de lectura

O Concerto celebrarase mañá, sábado 7 de marzo, ás 18:00 horas no Centro Sociocultural A Ramallosa

aXente Corrente

Este musical está baseado nun programa didáctico sobre educación viaria no que traballaron alumnos de terceiro e cuarto curso de primaria dos colexios teenses. Agora, este musical proponse para rapaces e rapazas de 8 anos e público familiar.


Ademais, María Álvarez Garea, concelleira de Educación, destaca que dende a Concellaría “buscamos unha actividade para traballar sobre a seguridade viaria cos centros, e este ano o libro cd A Xente Corrente e o concerto co que se presenta pareceunos unha moi boa alternativa, lúdica e dinámica, para achegar este tema aos máis pequenos/as”.


Entre os obxectivos do programa de educación viaria, Garea insiste en que se "pretende dar responsabilidade ao neno/a dentro do vehículo e nas vías públicas, reforzar conceptos de educación viaria, recoñecer elementos da linguaxe de tráfico ou adquirir bos hábitos referidos á circulación".

Dende o Concello, informan de que a entrada será de balde pero agradecen, como vén sendo costume, que os asistentes fagan unha contribución ao banco veciñal de alimentos, mediante produtos non perecedoiros, entre os que salientan o leite e conservas.




 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page