top of page

"Teo Guasapea", a campaña do PSOE para estar en contacto coa cidadanía

  • POLÍTICA | MLC | Agrupación Socialista de Teo
  • 6 mar 2015
  • 2 Min. de lectura

A iniciativa púxose en marcha esta mañá e pretende ser unha plataforma de comunicación veciñal durante as 24 horas do día

Campaña Teo Guasapea

A agrupación socialista teense ven de dar un paso máis na súa andaina de cara as eleccións municipais de maio. "Teo Guasapea" nace como unha campaña para que a veciñanza poida expresar as súas "inquedanzas, propostas, queixas e outros comentarios" do xeito máis directo posíbel, para o que empregan "un dos métodos máis frecuentes de comunicación de hoxe en día" como é a aplicación de mensaxería instantánea WhatsApp.


Aproveitando a presentación desta iniciativa, a voceira socialista, Uxía Lemus, sinalou que dende o PSdeG-PSOE de Teo "non convocaremos á cidadanía a innumerables mitins, xuntanzas,... senon que manteremos a acción que levamos a cabo estes anos, pateando o concello, completada coa comunicación en redes sociais, á que agora engadimos o WhatsApp”.


O número habilitado polos socialistas é o 633 805 620 e estará activo, segundo expoñen, durante as 24 horas do día, xa que "os partidos políticos non podemos agardar que a veciñanza se comunique con nós a través de xuntanzas/mitins parroquiais, senón que debemos avanzar un paso e estar dispoñibles ás 24 horas, porque as necesidades e inquedanzas da cidadanía non teñen un horario pechado de atención ao público”.


Esta iniciativa, sinala Lemus, "está incluída nun conxunto de medidas de mellora da comunicación cos veciños, xunto coa creación dun consello cívico". Ademais, a voceira socialista comentou que, no caso de que o PSOE chegase ao goberno municipal, formularían esta medida de comunicación tamén de cara ao Concello, separando sempre "o partido que goberna da institución en sí" que debe estar a servizo de tódolos cidadáns. "Teo Guasapea", manterase activo alén das eleccións, xa que a agrupación socialista é consciente de que "as necesidades, as ideas e as queixas dos veciños non rematan o 24 de maio".

 
 
 

Commentaires


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page