top of page

O PP denuncia que non se manteñan os postos de traballo trala municipalización da auga

  • POLÍTICA | MLC | Partido Popular de Teo
  • 7 mar 2015
  • 2 Min. de lectura

A formación popular responde á entrevista que lle realizou este medio a Rafael Sisto, Concelleiro de Urbanismo, sobre o proceso de municipalización da auga

PP de Teo

Mediante unha nota de prensa, o PP teense pon de manifesto a "gravidade" de que non se vaia a garantir "a continuidade do persoal que actualmente xestiona o servizo de augas", cando en todo momento, segundo a formación popular, "o goberno asegurou que os postos de traballo se ían manter, que se rebaixarían os prezos e que o servizo sería máis eficaz".


O Partido Popular considera "reveladoras as consecuencias que se van derivar da municipalización do servizo de augas. Nin vai haber aforro para a veciñanza, nin a plantila de traballadores ten garantida a súa continuidade". Ademais, dende a formación popular denuncian que o aforro que estima o goberno, de 250.000 euros, non repercuta na cidadanía máis alá do custo do enganche ao servizo, e critican ademais que Sisto non mencione "de onde provirá ese aforro" e que está a "obviar as indemnizacións que reclama a empresa". Con todo, o Concello insistiu recentemente en que é Viaqua quen lle debe máis de 2 millóns de euros ao consistorio.


Respecto aos postos de traballo, a agrupación liderada por José Manuel Guerra critica a "incerteza" coa que responde Sisto á continuidade dos oito postos de traballo, o que "pon de manifesto que non houbo un estudo previo rigoroso da saída que se lle ía dar ás 8 familias, coa irresponsabilidade política que supón".


Guerra conclúe desexando que “polo ben de todas as persoas que vivimos en Teo, o saldo sexa positivo, pero cada día hai máis sombras e os feitos demóstrano a cada paso que se dá", e engade que "parece tamén irrisorio o anuncio de que se vaia rebaixar o enganche" xa que aseguran que "Teo está a perder poboación e o número de novas construccións é minúsculo", aínda que segundo datos do INE, Teo experimentou en 2014 un aumento de 312 habitantes.



 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page