Sisto e Guerra, en empate técnico para ser alcaldes de Teo
- POLÍTICA | Resultados enquisa | asnovasdeteo.com
- 9 mar 2015
- 1 Min. de lectura
Unha vez analizados os datos extraídos da enquisa, eliminados os votos duplicados e outros coa mesma procedencia, Rafael Sisto obtén o respaldo do 34% dos votantes de asnovasdeteo.com para ser o próximo alcalde de Teo, case empatado con José Manuel Guerra, co 32,5%. Máis atrás estaría Manuel Anxo Fernández Baz, candidato do BNG, co 20,1% dos votos, mentres que a candidata socialista, Uxía Lemus, recolle o 13,4% dos apoios.

Se trasladásemos os resultados desta enquisa á formulación da Lei D'Hondt, ANOVA entraría no goberno teense con 6 concelleiros, perdendo un representante, xa que actualmente gobernan en minoría con 7 edís despois da escisión que se produciu en 2012 co BNG, e trala que os concelleiros que marcharon desta formación continuaron no Goberno. Co mesmo número de concelleiros se atoparía o Partido Popular, que mantería representación e frearía o descenso de apoios que afecta á formación dende o ano 1999. Pola súa parte, o BNG gañaría un edil máis nos vindeiros comicios, xa que actualmente conta con dous representantes e pasaría a ter 3. E finalmente, os socialistas de Teo conseguirían 2 edís, recollendo así o escano que deixará baleiro Manuel Parajó.
Lembramos que estes datos son meramente orientativos, como son todas as enquisas, e que non sufriron ningunha modificación, sendo mostra real do que os lectores e lectoras deste medio votaron dende o día 3 ao 8 de marzo.

*Mostra recollida pola enquisa a 194 persoas que votaron vía web. A maioría absoluta en Teo son 9 concelleiros.
Комментарии