top of page

ANOVA lanza a campaña Son de Teo e presenta os primeiros postos da lista

  • POLÍTICA | MLC
  • 12 mar 2015
  • 1 Min. de lectura

Repiten nos primeiros postos da listaxe o concelleiro de Urbanismo Rafael Sisto, o concelleiro de Benestar, Ignacio Iglesias, o concelleiro de Servizos Básicos, Xurxo Francos e a concelleira de educación, María Álvarez Garea

Nove primeiros postos de Son de Teo

ANOVA ven de facer pública esta mañá a campaña "Son de Teo" para as vindeiras eleccións municipais de maio.

Os primeiros postos da listaxe de Son de Teo quedarían deste xeito:

1. Rafael Sisto

2. Salomé Beiroa

3. Ignacio Iglesias

4. Concha García

5. Xurxo Francos

6. Pilar Pérez Faxil

7. Jorge Carballido

8. María Álvarez Garea

9. Francisco Nanín

Unha candidatura alén da militancia

O factor que marca esta listaxe é que hai varios nomes que non son militantes de ANOVA, como é o caso de Concha García, quen é voceira de TeoBus, plataforma que ten como obxectivo a consecución dun "servizo de autobús que responda ás necesidades do concello de Teo". Outro exemplo é o de Jorge Carballido, licenciado en psicoloxía e técnico da Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes en Compostela. Ademais, Carballido é un dos directivos do Club de Sófbol e Béibol Os Tilos.

 
 
 

Opmerkingen


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page