top of page

José Manuel Guerra fai balance da IV edición das Escoitas Activas

  • POLÍTICA | MLC
  • 12 mar 2015
  • 3 Min. de lectura

O voceiro do Partido Popular de Teo reuniunse esta mañá coa prensa para expoñer as queixas e as necesidades que os veciños lle trasladaron nos encontros

José Manuel Guerra durante o encontro coa prensa

José Manuel Guerra fai balance da cuarta edición do programa de Escoitas Activas coa veciñanza, salientando a "concorrencia de xente e a boa aceptación" que tivo un ano máis esta iniciativa, na que o líder do PP de Teo se desprazou por todas as parroquias do municipio. Guerra salientou que "no rural foi onde recibimos máis queixas dos veciños".


Entre os problemas máis nomeados pola veciñanza, segundo Guerra, están "a débeda do Concello, que pasou de deber 1,7 millóns de euros até os 3,2 millóns, máis o futuro do servizo da auga", que agora se atopa en trámite para proceder á súa municipalización. O candidato do PP á alcaldía de Teo, insistiu neste tema cuestionando cal será o futuro dos oito traballadores da empresa e fixo alusión á cuantía de 3,6 millóns de euros que reclama Viaqua por mor da extinción da ampliación dun contrato que era ilegal. Ademais, Guerra asumiu o compromiso de apoiar ao Concello para que a municipalización do servizo "teña un custo 0 para os veciños".


Por outro lado, o líder dos populares comezou a enumerar varios dos problemas que lle trasladaron os veciños teenses, dende "o estado crítico da rede viaria", xa que "as pistas están nun estado lamentable e as cunetas invadidas de terra e de maleza" até o estado das instalacións deportivas "en condicións impracticables, concretamente no pavillón da Ramallosa" onde Guerra salientou "os problemas de ventilación" que ten esta instalación, que "provocan humidade e goteiras" que propician as lesións dos usuarios.


Reunión exclusiva coa xuventude


Segundo Guerra, o PP de Teo tamén realizou unha xuntanza exclusiva coa mocidade de Teo, onde os mozos lle achegaron preocupacións como "a falta de actividades culturais e de ocio, a ausencia de plans de formación para desempregados, e a necesidade de melloras das instalacións deportivas". Guerra concluíu dicindo que "o goberno actual criticaba ao PP por non facer actividades para os mozos e agora eles non fan actividades nin para maiores nin para a xuventude".

Dende o PP de Teo esperan ter a finais de mes a listaxe difinitiva de persoas que irán na papeleta da formación nos comicios de maio, e Guerra avanza que "será unha lista renovada e con moita xente xoven".


"Non vou opinar sobre se Martiño debería dimitir"


O candidato popular non quixo manifestarse sobre a decisión de Noriega, e sinalou que "nunca quixen ser inimigo do alcalde, só son inimigo en canto ao endebedamento dos veciños, polo demais sempre estiven en sintonía con él". Guerra tampouco quixo comentar se Noriega debería dimitir do seu posto agora que o alcalde fixo pública a súa decisión de presentarse a encabezar a lista de Compostela Aberta.


Sobre a imputación de Armando Blanco


Ademais, Guerra tampouco quixo expresarse acerca da sentenza do xulgado que mantén a imputación polo presunto delito de prevaricación administrativa de Armando Blanco e Manuel Parajó pola ampliación ilegal do contrato da auga con Aquagest, e na que se deixa entrever que os demais concelleiros votaron a favor sen coñecer as pretensións do entón alcalde de Teo e o concelleiro de IN-Teo. Guerra simplemente se mostrou "contento de que saíran absoltos os demais concelleiros".




 
 
 

Comentarii


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page