O BNG pide que Martiño Noriega renuncie ao seu salario como alcalde
- POLÍTICA | MLC | BNG de Teo
- 14 mar 2015
- 1 Min. de lectura
A agrupación nacionalista de Teo solicitará no próximo pleno que Noriega renuncie á súa adicación exclusiva e se destine ese seu salario ás necesidades do municipio

Manuel Anxo Fernández Baz, voceiro do BNG de Teo, considera "insostible desde a ética" que o actual alcalde de Teo, Martiño Noriega, continúe a cobrar o seu salario de dedicación exclusiva despois de postularse como candidato a Compostela.
Fernández, que recoñece que el non continuaría como alcalde de verse na mesma situación que Noriega, considera "inadmisible" que o actual rexedor de Teo "pretenda seguir cobrando un salario de decicación exclusiva con cargo ás arcas municipais que sufragan os veciños e veciñas de Teo", un salario que ascende a unha cuantía, segundo o BNG de Teo, de 14.000 euros, "dende agora e ata a constitución das futuras corporacións".
Dende o BNG denuncian o "incumprimento unilateral" do contrato de Noriega co pobo de Teo e esixen "que o alcalde renuncie á súa dedicación exclusiva porque ese salario servirá para liberar ao alcalde para a súa promoción persoal pero non para a xestión do Concello que é para o que se lle paga".
Fernández Baz concluíu sinalando que o salario ao que debe renunciar Noriega debería ir "destinado ás necesidades do municipio, porque hai moito onde gastar e moitos problemas que atender e resolver".
Comments