O PP teense intensifica as xestións para darlle fin á problemática dos lobos
- POLÍTICA | RSR | PP de Teo
- 16 mar 2015
- 1 Min. de lectura
Ao igual que o Concello, o Partido Popular de Teo insta aos cidadáns a avisar se ven algún lobo no municipio

O voceiro do Partido Popular, José Manuel Guerra, e José Antonio Patiño reuníronse cos responsábeis da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellaría de Medio Ambiente, para trasladar “de novo a preocupación dos teenses polos ataques de lobos no Concello”.
Dende a administración explican que “se ben a especie está clasificada como cinexética na comunidade autónoma, a súa regulación está tamén sometida a un plan de xestión que persegue harmonizar a conservación desta especie coas actividades tradicionais, coa economía e co benestar das poboacións asentadas no medio rural” e, segundo o Plan de Xestión do 2008, “establece a posibilidade de realizar controis das poboacións de lobo no caso que concorran circunstancias de afectación dun gran número de reses e reiteración destes danos”, feito que, segundo a información dispoñíbel, non acontece en Teo, debido “en moitos casos á falta de denuncias polos condutos oficiais”.
Aínda así, recalcan a existencia de axudas económicas anuais e comprométense a investigar “con celeridade e en profundidade os novos casos producidos no Concello”. Ademais, insisten en que os gandeiros constaten os danos que sofran, denunciándoos a través do teléfono 012.
Comments