Buscar
Os veciños de Augas Mansas solicitan ao Concello o arranxo da entrada aos garaxes
- POLÍTICA | RSR | BNG de Teo
- 16 mar 2015
- 1 Min. de lectura
Dende o BNG lamentan o estado das beirarrúas de acceso aos garaxes da urbanización e esixen ao Concello o seu arranxo

A través do BNG teense, os veciños da urbanización de Augas Mansas, esixen ao goberno municipal que arranxe as beirarrúas que dan acceso aos garaxes das súas vivendas, xa que se encontran nun “estado lamentábel que pola deixadez do goberno municipal están provocando problemas e averías nos vehículos que queren acceder aos garaxes".
O voceiro do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, esixe “unha actuación inmediata do goberno municipal ante o máis que evidente mal estado dos espazos públicos” da Urbanización de Augas Mansas.
תגובות