Uxía Lemus denuncia o abandono do rural
- POLÍTICA | RSR | PSdeG-PSOE de Teo
- 16 mar 2015
- 1 Min. de lectura
A candidata socialista á alcaldía de Teo desprazouse ao camiño entre A Xesta e Cesar, por petición da veciñanza

Uxía Lemus achegouse a parroquia de Calo tras recibir unha denuncia dos veciños da zona de A Xesta e César a través do número 633 80 56 20, da campaña Teo Guasapea. Os veciños denuncian que “tras as obras de acometida do gas a finais do ano 2013, o viario converteuse nunha corredoira, xa que toda a pista atópase chea de fochancas ou grava solta, o que resulta moi perigroso tanto para o tráfico rodado como para os peóns”.
Lemus destaca a “pasividade” do goberno municipal, liderado por Martiño Noriega e Rafael Sisto e sinala que “este viario é un dos moitos exemplos do abandono do rural en Teo e que sofre a falta de planificación total no mantemento das infraestruturas municipais dun goberno que anda noutras leas que non son as de Teo”.
Comments