"Xa non vou chorar", Poema de Josefa Costa
- Recuncho do Lector | Josefa Costa
- 18 mar 2015
- 1 Min. de lectura
Eu son labrador…
quero sementar a terra
e vivir dos placeres das boas mesas.
Eu son varredor…
quero limpar a rúa
e vivir do agrado de pasear nela.
Eu son albanel , cuidador…
eu son eu,
quero vivir do traballo…
nin esmola …, nin favor.
Quero ter voz…
Quero votar…
máis no meu sobre só irá un voto
“TRABALLO CON DIGNIDADE”
Comentarios