top of page

Todocosmos comeza as súas actividades con charlas nos colexios teenses sobre o próximo eclipse solar

  • CIENCIA | CULTURA | RSR | Concello de Teo
  • 19 mar 2015
  • 1 Min. de lectura

O eclipse terá lugar mañá, venres 20, sobre as 10:00 horas

Charla de Todocosmos sobre a eclipse de mañá

Esta semana comezaron as actividades do programa de divulgación da astronomía Todocosmos, no que participa o Concello de Teo por segundo ano consecutivo, con charlas nos colexios de Calo e A Ramallosa.


O persoal do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, explicou ao alumnado dos dous centros os distintos tipos de eclipses, así como as características e as precaucións a tomar para poder ver o que haberá mañá, como poden ser non mirar directamente ao sol ou utilizar lentes de soldadura, pero sempre manexándose “co máximo factor de protección e sen mirar de xeito continuado”.


Segundo a páxina web da Universidade de Santiago de Compostela, no día de mañá farase unha sesión pública de seguemiento de todo o fenómeno, “pouco habitual en Galicia”, entre as 9:05 e as 11:18 horas no Campus Vida de Santiago.


Dende o ano 2005 non se producía un eclipse destas características en Galicia, e é que será nesta comunidade na que a Lúa oculte máis o Sol, chegando ao seu punto máximo sobre ás 10:09 horas.

 
 
 

Comentarios


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page