top of page

“A Viaxe dos Chévere” proxéctase hoxe no local da Mámoa de Luou

  • CULTURA | RSR
  • 20 mar 2015
  • 1 Min. de lectura

Ademais da proxección, algúns dos integrantes do grupo teatral realizarán un coloquio co público asistente

A viaxe dos Chévere

Esta tarde poderase desfrutar do filme “A Viaxe dos Chévere”, “un achegamento ao traballo e á vida duns cómicos trillados polo asfalto”, todo isto a través "dunha mirada moi persoal e poética” na que Alfonso Zarauza narra o desterro dunha compañía de teatro expulsada da súa cidade por un político corrupto e a súa loita de resistencia desde o territorio aínda ceibe do escenario.


Tras o visionado de este proxecto, no que segundo a propia compañía “teatro e cine van da man”, haberá un coloquio co público, no que participarán Alfonso Zarauza, director do filme, e os actores Patricia de Lorenzo e Xesús Ron. O acto comezará ás 20:00 horas no local da Mámoa (Luou) e o acceso será gratuito.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page