Ábrese a convocatoria para unha bolsa de prácticas na Mediateca do Grilo
- EMPREGO | RSR
- 20 mar 2015
- 1 Min. de lectura
O prazo de inscripción xa está aberto e remata o próximo 28 de marzo

O Concello de Teo abre a convocatoria para unha bolsa de prácticas na Mediateca do Grillo, situada en Cacheiras.
Os solicitantes deben contar con estudos universitarios en Historia ou en Blibioteconomía e Documentación, rematados con posterioridade ao primero de xaneiro de 2010. A adicación ás prácticas será de 30 horas semanais, cunha dotación de 610 euros brutos ao mes e unha duración dun ano, prorrogable a un máis.
Entre as tarefas a realizar incluénse a realización de carnés, a catalogación de fondos nos programas infórmaticos da rede ou o deseño e realización de actividades de animación á lectura no centro.
Os interesados deberán presentar a súa solicitude (acompañada de fotocopia compulsada do expediente académico, fotocopia do DNI, CV e dunha memoria cos motivos polos que formula a solicitude) no rexistro xeral do Concello de Teo, até o vindeiro 28 de marzo.
Para máis información pódense consultar as bases na páxina do Concello.
Yorumlar