Montouto contará cun novo parque infantil e unha pista multideporte
- POLÍTICA | RSR | Concello de Teo
- 25 mar 2015
- 1 Min. de lectura
Dende o Concello aseguran que “trátase dunha obra moi demandada por ser unha zona con moita poboación infantil e xuvenil”
As obras de instalación do novo parque infantil en Montouto comezarán nos próximos días coa colocación de novos aparellos na praza da Urbanización Os Carballos. A zona infantil, preto do parque actual, contará con xogos adaptados para nenos con problemas de mobilidade, así como con multixogos con torres, tobogáns ou redes para trepar.
Ademais, o Concello instalará, posteriormente á obra do novo parque, unha pista deportiva no antigo parque da zona, onde tras retirar os xogos existentes, ubicará canastras e porterías para que poidan practicarse deportes como fútbol ou baloncesto.
Segundo o concelleiro de Servizos Básicos, Xurxo Francos, “trátase dunha infraestrutura que vén sendo reclamada dende hai tempo pola veciñanza e apóstase por facelo con fondos propios despois de ter intentado facelo a través de liñas de financiamento supramunicipal sen éxito”.
Comments