top of page

Membros de Protección Civil e Policía Local participan nunha charla sobre os lobos

  • POLÍTICA | MLC | Concello de Teo
  • 26 mar 2015
  • 2 Min. de lectura

Mañá tamén se celebra unha charla informativa aberta á cidadanía na escola de Francos, en Calo, ás 20:00 horas do serán

Membros de Protección Civil asisten á charla sobre os lobos

Segundo informa o Concello de Teo, case trinta persoas participaron esta mañá nunha charla formativa sobre a problemática do lobo na que participou Carlos Carretero, da Delegación provincial de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia.


Na charla participaron membros do persoal dos servizos de Protección Civil dos Concellos de Teo, Valga, Santiago, Boqueixón e Vedra así como da Policía Local de Teo e de atención telefónica do Concello, que estiveron acompañados dun representante da Asociación de Cazadores e do edil de Participación Veciñal, Ignacio Iglesias.


Carlos Carretero explicou que no último censo de manadas de lobos non se rexistrou ningunha en Teo, aínda que como o lobo é un animal que pode percorrer grandes distancias en poucas horas sí pode atoparse algún exemplar no municipio. Carretero destacou sobre todo a importancia de comunicar no teléfono da Xunta 012 calquera ataque aínda que as reses non estean rexistradas.


O representante de Medio Ambiente salientou ademais que "non é normal que un lobo sexa perigoso para unha persoa pero sí pode haber cans asilvestrados que teñan máis risco, polo que é importante ter constancia de todos os ataques para que eles poidan determinar se se trata de lobos ou cánidos xa que as medidas a adoptar son diferentes".


Charla aberta á cidadanía sobre a problemática do lobo


Mañá venres 27, ás 20:00 horas do serán, o Concello organiza unha charla sobre os ataques dos lobos na escola de Francos, en Calo, á que calquera cidadán que queira informarse do tema pode asistir. A charla contará coa participación de Fins Eirexas e Martiño Nercellas, membros de Adega.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page