top of page

Manuel Anxo Fernández Baz: "Somos a única candidatura nacionalista e de esquerdas de Teo"

  • POLÍTICA | MLC
  • 28 mar 2015
  • 3 Min. de lectura

O BNG-Asembleas Abertas presentou onte á noite a candidatura coa que concorrerá ás vindeiras eleccións do 24-M

Acto de presentación do BNG-Asembleas Abertas

O acto de presentación da candidatura do BNG-Asembleas Abertas deu comezo coa intervención da concelleira Carme Diéguez González, quen quixo rememorar a historia do BNG en Teo e de como chegaron apartar ao Partido Popular da xestión do Concello en 2007, cando gobernou a formación nacionalista en minoría. Segundo informan dende o BNG, Diéguez irá no "simbólico posto 17 da listaxe", xa que "decidiu abandonar a política institucional despois de ser concelleira durante dez anos, cinco na oposición e cinco no goberno municipal".


A continuación, Renato Núñez da Silva, número tres na candidatura, quixo tamén aludir á súa chegada a Teo e a cómo cambiou o concello dende entón. Ademais, sinalou a oportunidade que se lle presenta ao BNG-Asembleas Abertas para seguir a construír "un Concello onde a prioridade sexan os veciños e as veciñas de Teo e un Concello onde se faga política social". Núñez tamén quixo defender a candidatura da formación nacionalista fronte a "persoas que pensaron que o BNG era un trampolín para o seu futuro persoal" e non para traballar coa cidadanía.


Por outra banda, Ana Pintos Pérez, quen será a número dous da formación, quixo manifestar que "participo por primeira vez na candidatura do BNG" e tamén fixo testemuño do "cambio que se viviu neste concello no que só se gobernaba para os amigos". Pintos defendeu a candidatura do BNG-Asembleas Abertas, formada por "persoas con ética" e remarcou que "non somos xente mediática, pero temos algo máis importante que é o recoñecemento dos veciños como xente traballadora".


Xavier Vence, voceiro nacional do BNG, tamén quixo arroupar a Manuel Anxo Fernández Baz na presentación da súa candidatura para o goberno teense. Vence quixo mostrar o seu apoio á listaxe sinalando que lle "gustaría que toda Galiza fose coma Teo, un concello que é a mellor metáfora do que quere facer o BNG".


O portavoz nacionalista tamén remarcou que "nestes últimos tempos houbo xente que non soubo entender que o BNG non era un trampolín persoal" e manifestou a necesidade coa que se atopou a formación para crear a plataforma Asembleas Abertas, para poder darlle cabida a "xente sen carné que queira participar en renovar o país". Segundo Vence, seis persoas da listaxe do BNG-Asembleas Abertas non están afiliados ao partido e asegurou que despois do 24M continuarán a facer asembleas "para que os veciños poidan ser partícipes da política municipal e tamén tomen decisións no goberno de Teo". Vence rematou a súa intervención sinalando ademais a importancia dos comicios municipais, nos que "temos a oportunidade de darlle nos fociños ás políticas do PP".


Finalmente, Manuel Anxo Fernández Baz, candidato á alcaldía polo BNG-Asembleas Abertas, chamou por todas as persoas que irán na listaxe da plataforma para que o arroupasen durante o seu discurso, no que asegurou que esta "é a única candidatura nacionalista e de esquerda de Teo" e quixo asumir as responsabilidades dos erros que cometeron durante estes anos, como "confiar en xente que non era de fiar", o que os levou a pasar "tres anos de oposición forzada, xa que o BNG gañou as eleccións con maioría absoluta".


Fernández Baz salientou que o programa "está feito entre todos e todas, como sempre fixo o BNG" e avanzou os seis eixos sobre os que se enmarca o seu programa electoral, como serán "a seguridade viaria e un plan de humanización de Teo, a elaboración dun diagnóstico dos servizos básicos, a aposta pola xestión pública dos servizos públicos do Concello, as melloras na rede de transporte, a transparencia nas xestións, a creación de políticas para a mocidade e a consolidación da participación veciñal na toma de decisións no Concello".


O candidato á alcaldía tamén presentou a candidatura como unha alternativa ao "escurantismo do Partido Popular" e asegurou que "non imos utilizar o Concello para beneficios persoais".


Listaxe do BNG-Asembleas Abertas:

1.- Manuel Anxo Fernández Baz

2.- Ana Pintos Pérez

3.- Renato Núñez Da Silva

4.- Almudena Taboada Castro

5.- Carlos Cebey Olveira

6.- Sofia Rama Lorenzo

7.- Manuel Rodiño Fernández

8.- Ana Castaño Carou

9.- Antonio Ramos Benito

10.- Mar Puialto Amieiro

11.- Borja Otero Baameiro

12.- Mónica Bastos Pérez

13.- Roberto Sayáns Lueiro

14.- Xosé Ruibal Vázquez

15.- Elvira Souto Presedo

16.- Rubén Novo Martínez

17.- Carmen Diéguez González

Suplentes:

Xerardo Rodríguez Arias

Pilar Rodríguez Espiñeira

Antonio Pintos Carballal

Dominga Moledo Maneiro

Lois Fompedriña Martínez

Saleta Fernández Castro

Xoán Xosé García Muras

Ana Eiras Cutrín

Mercedes García Matos

Andrés Fernández Martínez

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page