top of page

Comeza o prazo de inscrición para a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2015

  • DEPORTES | MLC | Concello de Teo
  • 30 mar 2015
  • 2 Min. de lectura

O Concello de Teo informa da apertura do prazo de inscrición para a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2015 que este ano se celebra o domingo 19 de abril con saída e meta no CEIP A Ramallosa

Cartel

Segundo informan dende o Concello, o prazo de solicitudes para participar nesta carreira estará aberto até as 22.00 horas do 15 de abril para todas as categorías e debe realizarse, unicamente, mediante este formulario web. O consistorio informa de que tamén, dende esta páxina, se pode visualizar o regulamento da carreira.


A carreira absoluta terá un percorrido de aproximadamente 11 quilómetros e nela participarán as categorías júnior, promesa, sénior e veterano. A saída desta proba será ás 12:10 horas. As categorías infantil, cadete e xuvenil cubrirán un circuíto de 3.500 metros. As carreiras comezarán coas categorías dos máis cativos. Os primeiros en tomar a saída serán os pitufos (nados no 2010 e posteriores) que correrán 200 metros. A continuación os prebenxamíns (nados no 2008 e 2009) cubrirán 500 metros, para seguir os benxamíns (nados no 2006 e 2007) que correrán 1.000 metros e pecharán esta parte os alevíns (nados nos anos 2004 e 2005) tamén con 1.000 metros.


En canto ao custo de inscrición, as categorías pitufos, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, son gratuítas, mentres as demais teñen un custo de 4 euros por participante.


A recollida de dorsais realizarase entre as 9:30 e 10:30 horas na secretaría da competición, sita no pavillón Ezequiel Mosquera, e ademais haberá premios para os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas (en mulleres e homes), as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (JÚNIOR/ PROMESA, SÉNIOR e VETERANOS/AS A/B/C), o/a participante máis novo/a e o/a máis veterano/a que logre concluír a proba polos seus propios medios e sen axudas externas, o primeiro equipo federado clasificado na clasificación final, o centro escolar que achegue máis participantes que logren concluír a proba e o/a primeiro/a clasificado/a de Teo en cada categoría (deberán reflexar a localidade na inscrición).

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page