O PP de Teo gañaría as eleccións do 24-M
- ENQUISA MUNICIPAIS 2015
- 31 mar 2015
- 1 Min. de lectura
A formación popular conseguiría aumentar a súa representación cun concelleiro máis respecto aos comicios de 2011, sendo o grupo máis beneficiado da escisión ANOVA-BNG, a marcha de Martiño Noriega e a desaparición de IN-Teo

En canto ás demais formacións, ANOVA, grupo actual de goberno, baixaría en dous concelleiros a súa representación no salón de plenos, mentres o BNG gañaría un escano máis, chegando aos tres concelleiros, xa que despois da escisión quedou con tan só dous representantes. Pola súa banda, o PSOE conseguiría dous escanos, conseguindo un máis respecto a 2011.

Estes resultados extráense de 281 enquisas telefónicas realizadas entre o 16 e o 27 de marzo de 2015. O 35% dos teenses aos que se lles formulou esta enquisa manifestaron non ter decidido aínda o seu voto, dato a ter moi en conta xa que esta enquisa mostra os resultados de intención de voto, co que a enquisa podería variar substancialmente.
Esta enquisa está realizada cun 95% de nivel de confianza e un 6% de marxe de erro.
Comments