top of page

Comeza o II Torneo Fútbol Sala Calo SR

  • DEPORTES | MALC
  • 2 abr 2015
  • 1 Min. de lectura

Dende hoxe, até o vindeiro domingo, 18 clubes e 47 equipos danse cita nesta competición organizada pola Sociedade Recreativa de Calo

Cartel do torneo

Nesta segunda edición do torneo, que se desputará no pavillón de Calo, participarán rapaces de cinco categorías diferentes, como Biberón, PB1, PB2, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadetes.


Durante a xornada de hoxe, xoves 2, terán lugar os partidos correspondentes ás categorías Biberón e PB1. Mañá, venres 3, será o turno das categorías PB2 e Benxamín, mentres o sábado 4 tocaralles aos Alevíns e Infantís. A quenda dos Cadetes será o domingo 5 pola mañá.


Finalmente, as finais de cada categoría emprazaranse durante a tarde do domingo 5, a partir das 16:00 horas.


A entrega de premios contará con varios representantes políticos e deportivos, como é o caso de Anxo M. Rey Martínez (Concelleiro de Deportes do Concello de Teo), Ignacio Iglesias (Concelleiro de Servizos Sociais do Concello de Teo), Esteban Otero Calvo (Presidente da ADV de Santiago de Compostela), José Cruces Vázquez (Presidente da SR de Calo) e José Ramón Calvo Nieto (Presidente da Comisión de Deportes do Calo SR). Todos os rapaces que participan no torneo recibirán trofeos e medallas.

Horarios
 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page