15.212 teenses están chamados ás urnas o 24M
- POLÍTICA | MLC | Concello de Teo
- 7 abr 2015
- 1 Min. de lectura
Até o 23 de abril calquera cidadán pode acudir ao Concello a comprobar os seus datos

A Oficina de Censo Electoral vén de informar aos concellos de que o prazo de exposición pública do Censo Electoral será entre o 6 e o 13 de abril, ambos inclusive. Por isto, o Concello de Teo informa de que calquera cidadán pode acudir ao consistorio a comprobar se os seus datos son correctos, de xeito presencial, no horario de 8:00 a 14:00 horas de luns a venres, e de 9:00 a 13:00 horas o sábado. Tamén se pode consultar mediante o teléfono 901 101 900.
Segundo informa o Concello, calquera persoa que detecte un erro nos seus datos, pode efectuar unha reclamación administrativa sobre os seus datos, até o luns 13 de abril. Dita reclamación só se pode presentar, informan, de xeito presencial no Concello, identificándose co DNI, pasaporte ou permiso de conducción no que apareza a fotografía do titular.
Así mesmo, o consistorio informa de que todos os cidadáns maiores de 14 anos deben ter obrigatoriamente no padrón o seu DNI, e no caso de que este no apareza, deben dirixirse ao Concello para incluílo, pois este feito pode ser motivo de denegación do voto, circunstancia que lle pode afectar aos cidadáns maiores de idade que votan por primeira vez nestes comicios.
Comentarios