ANOVA Teo presenta a súa candidatura para o 24-M
- POLÍTICA | MLC | Anova Teo
- 9 abr 2015
- 1 Min. de lectura
A formación celebra mañá ás 20:30 horas no Restaurante Pórtico de Cacheiras o acto de presentación da candidatura

O acto de presentación contará coa presencia de Martiño Noriega, actual alcalde de Teo, quen dará paso ás intervencións das diferentes persoas que compoñerán a listaxe de ANOVA cara as vindeiras eleccións municipais do 24 de maio.
O peche da celebración poñerao o candidato á alcaldía, Rafael Sisto, quen desvelou o pasado día 13 de marzo, durante a presentación dos nove primeiros postos da listaxe, os eixos do programa electoral co que concorrerán aos próximos comicios, entre os que salientan a consolidación dun modelo de transporte interurbano para Teo, a municipalización doutros servizos públicos como o de xardíns ou o eléctrico, e a creación de mecanismos para aumentar a participación veciñal nas tomas de decisións do Concello.
Comments