Karatecas do Club San Francisco Teo afrontan novos retos en Madrid
- DEPORTES | KARATE | MLC | CSF TEO
- 9 abr 2015
- 1 Min. de lectura
Esta fin de semana, os karatecas do Club San Francisco Teo, desputan en Madrid dúas importantes citas deportivas

Por unha banda, Ruth Lorenzo e Nerea Bellido formarán parte da selección galega que participará na II Copa Intercontinental Feminina, unha competición que reunirá ao mellor do karate español e internacional. As teenses competirán na modalidade de kumite, en concreto, Lorenzo na categoría de -55 kg. e Bellido en +68 kg. Ambas afrontan esta cita coa máxima ilusión e co desexo de firmar unha boa actuación.
Por outro lado, segundo informan dende o CSF Teo, Xavier Santos e Silvia Lobato recibiron a convocatoria da Real Federación Española de Karate, para participar nun adestramento coa selección española cadete. Este adestramento servirá para que os técnicos da española vaian conformando o equipo que participará no mundial de Yakarta do mes de novembro.
コメント