top of page

O Concello presenta a oferta de campamentos de verán 2015

  • POLÍTICA | MLC | Departamento de mocidade
  • 10 abr 2015
  • 1 Min. de lectura

Existirán dous campamentos diferentes. Un infantil, para rapaces entre 7 e 11 anos, e outro campamento xuvenil para mozos e mozas de entre 12 e 16 anos

Imaxe: Flickr-John Robinson

O Concello de Teo ven de informar da oferta de campamentos de verán para este ano. O prazo para apuntarse no campamento infantil estará aberto dende o mércores 15 até o mércores 29 de abril. A listaxe de persoas admitidas publicarase o vindeiro 6 de maio e o consistorio informa de que, en caso de resultar admitido, se debe facer o pago do custo do campamento, que se cifra en 100 euros, entre os días 1 e 15 de xuño. O campamento infantil levarase a cabo entre o 17 e o 26 de agosto, no albergue de Santa Cruz de Oleiros. Este campamento conta con 103 prazas.


En canto ao campamento xuvenil, o prazo de inscrición estará aberto dende o 20 de abril até o 4 de maio, ambos incluídos. A listaxe de admitidos publicarase a partir do 8 de maio e as persoas admitidas deberán facer o ingreso do custo do campamento, tamén de 100 euros. O campamento xuvenil levarase a cabo entre os días 3 e 12 de agosto, no albergue de Santa Cruz de Oleiros. Este campamento conta con 49 prazas.


O Departamento de mocidade informa tamén de que a reserva de prazas se fará por rigorosa orde de inscrición e sinala que en cada campamento hai cinco prazas reservadas para emerxencias sociais. Ademais, o venres 12 de xuño, ás 20:00 horas, celebrarase no Salón de Plenos do Concello unha reunión informativa sobre o desenvolvemento desta actividade.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page