top of page

O IES Cacheiras crea unha horta ecolóxica

  • EDUCACIÓN | MLC | Concello de Teo
  • 10 abr 2015
  • 1 Min. de lectura

O Concello colabora nun proxecto de humanización do instituto colocando mesas e bancos nas zonas verdes

Imaxe

O Instituto de Educación Secundaria de Cacheiras, está a desenvolver un programa de humanización das súas zonas verdes, co fin de "convertilo nun espazo de convivencia, a través dun proxecto coeducativo que podería combinar enfoques diferentes como o ambiental, o deportivo, o artístico e o educativo en xeral”.


Para isto, membros do IES crearon unha horta ecolóxica, que ten varios obxectivos que van dende "desenvolver a sensibilización ante as distintas problemáticas ambientais, desenvolver capacidades de planificación e resolución de problemas, fomentar o traballo en equipo, traballar valores como a autonomía e a solidariedade ou fomentar actitudes positivas cara o consumo responsable e sostible".


Ademais, dende o Concello informan da súa contribución a este plan coa instalación de dúas mesas con bancos na zona onde está ubicada a horta ecolóxica.

Varios alumnos e alumnas xa comezaron a plantar fresas nesta horta ecolóxica, preto da que tamén se creou un espazo no que se plantaron arbustos e flores ornamentais.

Imaxe 2

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page