top of page

Teenses pola Igualdade organiza unha charla sobre os riscos da adicción aos videoxogos

  • ASOCIACIÓNS | MLC | Teenses pola Igualdade
  • 10 abr 2015
  • 1 Min. de lectura

Teenses pola Igualdade organiza o vindeiro luns 13 de abril, ás 20:00 horas do serán, unha conferencia impartida polo psicólogo Andrés Sampayo

Video_game_addiction11.jpg

Segundo informan dende a asociación, esta conferencia ven motivada pola preocupación de varias nais que informan da insistencia dos seus fillos en permanecer horas diante da pantalla do ordenador, descoidando así outros deberes de máis importancia, coma os estudos.


Andrés Sampayo, quen impartirá dita conferencia, é director da Clínica Sampayo e conta cunha ampla traxectoria e recoñecemento en casos relacionados con este tipo de adiccións.


A conferencia terá lugar na sede da asociación, sita na escola de Vilanova, en Recesende.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page