top of page

Martiño Noriega delegará funcións en Rafael Sisto durante a campaña electoral

  • POLÍTICA | MLC
  • 11 abr 2015
  • 1 Min. de lectura

O alcalde emitiu o venres10 de abril unha resolución na que delega "a totalidade das funcións que lle corresponden á alcaldía entre os días 8 e 25 de maio"

Resolución de Alcaldía

Malia esta resolución, o alcalde de Teo poderá seguir exercendo as súas funcións dende a finalización do período electoral até a constitución das novas corporacións despois dos comicios a mediados de xuño.


Así mesmo, Noriega quixo comentar que esta resolución "poderá revocarse en calquera momento". A cesión das súas funcións está autorizada por lei nos artigos 44 e 47 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, que a miúdo se emprega en casos de enfermidade, vacacións ou viaxes.


Por outro lado e tal como se especifica no segundo punto da resolución, o salario do alcalde durante o período de delegación pasará a ser "destinado a actividades de dinamización veciñal".



 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page