Rafael Sisto: "Somos un punto de unión de forzas políticas e de iniciativas cidadáns"
- POLÍTICA | Municipais 2015 | MLC
- 11 abr 2015
- 2 Min. de lectura
O acto de presentación da candidatura de Son de Teo - ANOVA contou tamén coa presencia de Martiño Noriega

Martiño Noriega, actual alcalde de Teo, foi quen abriu o acto de presentación da candidatura nunha primeira intervención na que voltou a xustificar a súa decisión de presentarse á alcaldía de Compostela e agradeceu ao seu equipo os éxitos acadados durante as dúas lexislaturas nas que estivo á fronte do goberno. Ademais, Noriega insistiu na importancia dos vindeiros comicios de maio como unha "carreira de relevos para comprobar se a cidadanía respalda o traballo realizado durante estes anos e quere continuidade".
Despois da súa intervención, Noriega presentou aos suplentes da listaxe sinalando que "nunca hai que infravaloralos, senon que llo digan en Compostela, onde tiveron alcaldes que non foron elixidos nas urnas". A continuación, Noriega deulle paso ao número 17 da listaxe, Anxo Rey, actual concelleiro de Transportes, Turismo, Emprego e Deportes, quen simboliza neste posto "a ética que inspira este equipo".
Trala presentación de Anxo Rey, cada un dos integrantes da listaxe fixo unha breve presentación até chegar ao posto máis alto da candidatura. Rafael Sisto, candidato á alcaldía por Son de Teo-ANOVA, comezou a súa intervención defendendo que dende o seu equipo "conformamos, representamos e defendemos un modelo político que transcende o marco local, xa que temos un proxecto de Concello e un proxecto de país".
Rafael Sisto tamén fixo un balance dos oito anos de goberno no equipo do que é membro, sinalando que "nós fomos a forza de goberno, fixémolo ben, cometemos erros, pero temos que completar este traballo. Imos seguir gobernando Teo".
No seu discurso, Sisto tamén fixo referencia ás políticas do Partido Popular comentando que "a decisión de maio será elixir entre o modelo transformador, modernizador e participativo que defendemos, ou a volta atrás".
Por outra banda, o candidato á alcaldía de Son de Teo-ANOVA tamén numerou algúns dos seus compromisos de chegaren a gobernar Teo, entre os que salientou que "comprometémos a cumplir o programa que representamos, a promover a participación social no goberno, á posta en marcha de orzamentos participativos nos que a cidadanía sexa responsable da toma de decisións, a recuperar os servizos básicos privatizados e a aumentar as partidas orzamentarias en gasto social e educación.
A listaxe de Son de Teo - ANOVA estará composta polas seguintes persoas:
1.- Rafael Sisto
2.- Salomé Beiroa
3.- Ignacio Iglesias
4.- Conchi García
5.- Xurxo Francos
6.- Pilar Faxil
7.- Jorge Carballido
8.- María Álvarez
9.- Francisco Nanín
10.- Verónica Iglesias
11.- José Mosquera
12.- Noelia Lareo
13.- Manuel Blanco
14.- Xiana Lastra
15.- Severino Iglesias
16.- Esther Castro
17.- Anxo Rey
Suplentes:
- Martín Noriega
- Nora Pousa
- Roberto Blanco
- Cristina Mouro
- Iago Martínez
- Lara Barilac
- Carlos Franco
- Esther Duro
- Pilar Queiro
- Ramón Rivadulla
Comentarios