Recepción no Concello dos deportistas de Fútbol Americano do CSFTeo
- DEPORTES | Fútbol Americano | MLC | CSFTeo
- 11 abr 2015
- 1 Min. de lectura
O mércores 8 de abril realizouse unha recepción no Concello de Teo por parte do Concelleiro de Deportes, Anxo Rey e do Alcalde, Martiño Noriega aos deportistas da disciplina de Fútbol Americano do CSFTeo

Estefanía Ojea González e Juan Jesús Gómez de la Peña, foron recibidos o pasado mércores no Concello de Teo como recoñecemento ao seu traballo e aos seus éxitos. Así mesmo, segundo informan dende o Club, tamén asistiu á reunión a Presidenta Mª Elena Suárez Silva e tamén os seus familiares e compañeiros de equipo.
Os deportistas estaban recén chegados da convocatoria polo Equipo Nacional, que estivo concentrado do 2 ao 6 de abril en Pinto, Madrid. Esta convocatoria ía destinada, no caso da categoría Junior, da que forma parte Juan Gómez, para a preparación do partido clasificatorio para o Campionato Europeo que se celebra este domingo 12 de abril en Italia, e no caso da categoría Senior Feminino, da que forma parte Estefanía, para a preparación do Campionato Europeo, que se celebrara en agosto en Granada.
O Club San Francisco Teo quere salientar da recepción "o recoñecemento, apoio e ánimo trasmitido por parte do Concello cara a labor do Club e en especial nesta ocasión á disciplina de Fútbol Americano, destacando esta modalidade deportiva como deporte minoritario pero con grandes avances no entorno máis próximo e cunha proxección importante, e aos dous deportistas presentes polos logros acadados e a súa traxectoria deportiva, que de seguro seguirá medrando de cara aos seus vindeiros compromisos deportivos a nivel nacional e internacional".
Comments