top of page

Extinguen un incendio nunha vivenda de Carballal

  • SUCESOS | MLC
  • 15 abr 2015
  • 1 Min. de lectura

O suceso tivo lugar ás 3:00 horas da madrugada, cando un veciño de Carballal alertou aos servizos de emerxencias

Tras recibir esta chamada, o Centro de Atención de Emerxencias (CAE) 112 Galicia, enviou á zona do suceso a bombeiros de Ordes, ao GES de A Estrada e persoal do servizo de Protección Civil de Teo, quen malia non ter servizo nocturno, acudiron ao incendio "por tratarse dunha emerxencia grave".


O incendio foi extinguido sobre as 5:00 horas da madrugada, o persoal de emerxencias procedeu a refrescar e desescombrar a zona, da que só quedaron en pé as paredes, xa que se trataba dunha vivenda prefabricada. Non houbo feridos.


Á zona do suceso tamén se desprazaron membros das forzas de seguridade do Estado e da Policía Local de Teo.


Ademais, membros de Protección Civil de Teo anunciaron que volverían á zona do suceso para comprobar que todo continue en orde.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page