Buscar
José Manuel Guerra insta ao Concello a dar solución ao abastecemento de agua en Santa María de Teo
- POLÍTICA | RSR | PP de Teo
- 16 abr 2015
- 1 Min. de lectura
Segundo os populares, a veciñanza segue á espera do suministro de auga dende hai seis meses

Os veciños da parroquia denuncian e pregúntanse por que o Concello non lles da acceso á auga malia estar rematada a obra de acondicionamento, unha obra “histórica”, segundo o Partido Popular teense, xa que con ela se dotaba aos veciños de Santa María de Teo de auga potable.
Cun custo de 232.00€, segundo o partido encabezado por José Manuel Guerra, a obra, rematada dende hai aproximadamente seis meses, aínda non dá suministro aos veciños, polo que o Partido Popular presentou un escrito no Concello no cal solicita “información ao respecto e prégase que abran o paso da auga ás casas en canto sexa posible”.
Comments