top of page

Comeza o prazo para solicitar a concesión de hortas urbanas en Fixó

  • POLÍTICA | MLC | Concello de Teo
  • 17 abr 2015
  • 2 Min. de lectura

O Concello informa de que o prazo estará aberto até o vindeiro martes 5 de maio

Hortas urbanas en Fixó, Calo

O Concello de Teo vén de publicar na súa web municipal e no taboleiro de edictos da Casa do Concello a nova convocatoria de concesión de hortas urbanas. Nesta ocasión, as parcelas están situadas no lugar de Fixó, na parroquia de Calo, no entorno da urbanización de Campos de Mirabel.


A horta de Calo, segundo informan dende o consistorio, "conta cunha superficie de 720 metros cadrados e está dividida en 12 parcelas. Destas 12 parcelas e segundo establece o Regulamento de funcionamento de hortas urbanas, aprobado en pleno, tres delas estarán destinadas a persoas en situación de emerxencia social. Outras tres serán para persoas maiores de 65 anos e as outras seis aduxicaranse entre o resto das solicitudes. As nove hortas de acceso libre adxudicaranse mediante sorteo público".


Ademais, dende o Concello salientan que "a concesión realízase por un ano, prorrogable por outro ano, e para pedilas hai que ser unha persoa física e estar empadroado en Teo".


Dende o Departamento de Participación Veciñal, dirixido por Ignacio Iglesias, expoñen que o terreo "xa está listo para comezar a traballar e na zona hai unha caseta na que se poderá gardar a ferramenta, que nun primeiro momento emprestará o Concello se é preciso".


Unha vez remate o prazo para solicitar as hortas, o Concello publicará na súa web e no taboleiro municipal unha listaxe provisional cun prazo para subsanar documentación. Unha vez rematado ese prazo e publicada a listaxe definitiva, tamén se fará pública a data do sorteo.


O Concello informa tamén de que "as doce persoas que teñen a concesión das hortas en Cacheiras xa están traballando nelas, e a convocatoria en Calo vén a cubrir unha demanda existente na zona".

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page