Buscar
O mundo do motor dase cita este domingo en Solláns
- MOTOR | MLC
- 17 abr 2015
- 1 Min. de lectura
A partir das 10:00 horas da mañá comezará a primeira Festa do Motor "Tíralle Pepa"

A festa terá lugar no campo da festa de Solláns, recinto onde tamén se celebra o festival "Música na noite".
Segundo a organización do evento, no recinto instalarase unha cantina e tamén se poderán degustar racións de polbo. Tamén haberá música da man de DJ Lim Fran Mayo & Vicnoias, quen amenizarán a celebración.
Ademais, á festa concorrerán varios pilotos do campionato galego de rally, haberá unha exposición de coches e autocross, con varias marcas coñecidas, e sortearanse equipamentos de racing e vales de pneumáticos.
Comments