top of page

Aspamite celebra os seus 20 anos mostrando a súa grande capacidade de superación

  • ASOCIACIÓNS | MLC
  • 20 abr 2015
  • 2 Min. de lectura

Aspamite celebrou onte, domingo 19 de abril, a gala do seu XX aniversario

Membros de Aspamite, no final da gala do seu XX aniversario

Arroupados por un auditorio cheo, a gala comezou cunha curtametraxe que gravaron e editaron varios alumnos do IES Cacheiras na que se podía ver aos membros de Aspamite preparando o escenario para a súa gala de aniversario. En clave de humor, os usuarios da asociación ían colocando o sofá e o decorado para o evento.


Despois da curtametraxe, entraron en escena Xesús Ron e Patricia de Lorenzo, membros de Chévere, a compañía de teatro residente en Teo e gañadora do Premio Nacional de Teatro. Ron e Lorenzo presentaron a gala do XX aniversario de Aspamite, e ademais entrevistaron ao seu presidente, Ángel Morón, quen falou dos obxectivos da asociación a curto prazo, entre os que salientou a creación do novo centro de Aspamite.


Ademais, tamén se entrevistou a Ana González, educadora social e coordinadora do programa de igualdade de oportunidades e inclusión social Hefesto da Casazul, programa do que tamén se proxectou un documental no que quedaba patente o afán de superación e motivación de xente como a que forma Aspamite.


Finalmente, Xesús e Patricia entrevistaron a Rosario Carbia Eiras, nai de Cristina Andújar, unha das usuarias do centro ocupacional de Aspamite, para dar paso seguidamente á proxección do documental "Discapacidade non é incapacidade".


O documental, filmado por Pilar Iglesias e Fabián Gegunde, alumnos da Universidade de Santiago de Compostela, mostraba o proxecto, paso por paso, da reforma do centro da asociación. Os usuarios ían recoñecendo os materiais cos que logo traballarían, asistían a clases de bricolaxe, e mesmo viaxaban até un centro comercial a mercar os materiais cos que reformar a súa segunda casa. Os usuarios de Aspamite quixeron deixar patente no documental o seu grande esforzo de superación, "somos capaces, podemos facer cousas útiles e proveitosas igual que a demais xente", xa que moitas veces son os seus pais e a xente do seu contorno, quen os infravaloran.


"Con axuda podemos saír adiante, aínda que teñamos dificultades".

 
 
 

Комментарии


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page